lunes, 2 de mayo de 2016

Cronica

O pasado domingo 24 animámonos a facer a ruta de sendeirismo de Ibias (Asturias) a pesar do madrugón , pois tiñamos que sair de Ferreira ás 7 da mañá, pero o esforzo valía a pena.

Unhas cento oitenta persoas participaron, en Ibias, no Día Rexional de Sendeirismo que, se levou a cabo coa colaboración da Federación de Montañismo do Principado de Asturias (FEMPA) e o concello de Ibias.

Sendeiristas de diferentes lugares de Asturias e Galicia e os grupos de montaña: Asociación de Montañeiros Veteranos de Asturias, Paso Miúdo de O Val do Ouro (Lugo), Os Roteiros de Pol (Lugo), Club Deportivo Básico Pandela de Vegadeo e Peña Furada de Navia foron os protagonistas dunha intensa xornada en Ibias, onde a natureza, a paisaxe e o bo tempo foron a nota dominante dunha xornada na que o sendeirismo sírveo para disfrutar dese entrañable paisaxe asturiano-galego-leones, así como un excelente motivo para a convivencia con todos estes grupos de sendeiristas.

A ruta para chegar a Ibias foi un pouco complicada debido ás curvas e á carretera estreita pola que tivemos que circular polo cal chegamos un pouco revoltillos de estómago o alto de Campa de Centenales.Dende alí comezamos a baixar os 14 kilometros contemplando a fermosa paisaxe das montañas que ainda estaban nevadas.

Á metade do camiño paramos para repoñer forzas co ágape que nos deron ao chegar a Ibias. E despois da paradiña seguimos a continuar coa baixada. Parecía unha ruta fácil , pois fixémola en pouco tempo, e ás dúas e media xa estabamos sentados para comer unha boa comida tipica asturiana.

O problema estivo ao día seguinte pois segun algúns comentarios chegados os meus oídos había xente,(incluída eu mesma), que coxeaba debido ás maniotas por tanta baixada.

Foi unha ruta bonita pero dura, e agora xa estamos listos para a seguinte



Rosa Oroza

Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario